viernes, 1 de febrero de 2019

DÍA DA PAZ 2019

As celebracións de este ano do Día da Paz (30 de xaneiro) baseáronse no noso P.D.I. sobre Leonardo da Vinci, xa que como sabedes, este célebre personaxe caracterizouse por ser unha persoa moi polifacético. Unha desas facetas desmostrouna con multitude de frases célebres nas que o todo o alumnado do centro investigou para elixir unha por clase relacionadas coa Paz e facer un mural que expuxemos nun dos corredores. Aquí tedes o resultado...













Outra actividade que este ano é novidade e que pretendemos que sexa a partir de agora un costume foron os Primeiros Premios da Paz Virxe do Mar. Para elixir aos gañadores e gañadoras o propio alumnado votou democraticamente nunha votación ante unha mesa electoral na nosa biblioteca.

Imaxe dun momento da votación

Os premios clasificámolos en 3 categorías, Premio individual á/ao alumno/a de cada curso "Polo se exemplar cumprimento das normas da Cosntitución do centro"; premio á clase "Polo seu esforzo diario no cumprimento das normas da Constitución do centro" e premio á ANPA GALATEA "Pola súa colaboración na dinamización da vida do centro e fomento da cohesión da comunidade escolar"














No hay comentarios:

Publicar un comentario