viernes, 29 de marzo de 2019

CONTACONTOS "O Cociñeiro Martiño e as cenouras perdidas"

O conto "O cociñeiro Martiño e as cenouras perdidas" foi o elixido pola editorial Santillana para traer o seu contacontos anual á nosa biblio. Iago López, o seu autor foi o encargado de contarllelo ao todo o alumnado de E.I.
As noticias que nos chegan son que estivo xenial. Alegrámonos moito de que os nosos pequechos e pequechas disfrutaran do conto. Todo é pouco para enganchar a todo o alumnado á lectura...
Algúns dos momentos vividos nesta actividade aquí volos deixamos...





CONTACONTOS NA BIBLIO

Unha suxerencia que Lectorio atopou na nosa caixa de suxestións foi a de poder facer contacontos para os mais pequenos e pequenas. Como nos pareceu unha marabillosa idea, informamos ao alumnado de 5º e 6º da posibilidade de convertirse por un dia en Contacontos e de repente atopámonos cun montón de voluntarias e voluntarias polo que organizamos o tema e arrancamos neste mes de marzo co primeiro Contacontos na Biblio.

Os primeiros contacontos foron Paula e Cristóbal de 5º de E.P. que lles contaron ao alumnado de E.I., 1º e 2º de E.P. o conto "O Pito Cairo". A grande ovación que recibiron presaxia un éxito total grazas ao traballo e adicación dos nosos contacontos...

Ante a ilusión que espertou en tódolos voluntarios e voluntarias, publicitamos a actividade por todo o centro. Había que darlle repercusión ao evento!!!



Alumnado de Educación Infantil

Alumnado de 1º e 2º e Eduación Primaria
Manterémosvos informados do seguinte contacontos...


Día Internacional da Muller

O Día Internacional da Muller é sempre un día moi importante no noso calendario de celebracións. Este ano, dende o equipo de biblioteca propúxose "falar en feminino". Que mellor homenaxe a tódalas mulleres que "converternos" por un día en posuidores e usuarios da nosa linguaxe en xénero feminino.
Ademais, relacionado co noso PDI adicado a Leonardo da Vinci, fixemos a nosa particular homenaxe a unha das mulleres mais icónicas dentro da arte, a Mona Lisa, para que o alumnado de 6º de E.P. deseñou un photocall que imitaba o famoso cadro e co que todos os nenos e nenas se retrataron para a posteridade. Deixámosovos algunhas das fotos grupais desta actividade...

E.I, 3 anos
E.I. 3 anos
E.I. 4 anos
5º E.P.

viernes, 15 de marzo de 2019

CHARLA ÁLCER

A Biblio de Lectorio foi o lugar elixido para a charla de ÁLCER ao alumnado de 5º e 6º cursos de E.P., na que dous membros desta asociación lles explicaron aspectos sobre as enfermedades de ril, a prevención, a integración social destas persoas, a súa inserción no mercado laboral, e moitos mais aspectos que chamaron a atención de todas as nenas e nenos que asistiron. Estas foron algunhas das fotos desta productiva charla...



Moitas grazas a ÁLCER por poder adicarnos un chisco do seu tempo para darnos a coñecer un pouquiño todo o gran traballo que desenvolve esta asociación!

ROSALÍA REIVINDICATIVA

A celebración do Día de Rosalía deste ano foi unha celebración moi reivindicativa, xa que o alumnado recompilou diversos versos de Rosalía de Castro sobre a s inxustizas sociais consultando a obra da autora que a nosa biblio ten, para o que fixemos unha pequena exposición da mesma para facilitarlles o traballo.

Cos versos elixidos por cada clase elaboraron unha pancarta para no Día de Rosalía sair á rúa nunha mani-FESTA-acción baixo co lema "Libre o meu pensamento", na que percorremos ás rúas próximas ao centro cantanto a canción  "Xan". Ao rematar limos un manifesto sobre a obra de Rosalía e os versos que eliximos para homenaxeala.

Alumnado de 4º E.P.
4º e 5º de E.I.
6º de E.I.
1º A de E.P.
1º B de E.P.
2º de E.P.
         
3º A de E.P.
                                       
3ºB de E.P.
                                         
5º de E.P.
                                         
6º de E.P.

Deixámosvos tamén o enlance aos vídeos de mani-FESTA-acción e da lectura do manifesto para que disfrutedes desta inciativa...

Lectura do manifesto