Unha suxerencia que Lectorio atopou na nosa caixa de suxestións foi a de poder facer contacontos para os mais pequenos e pequenas. Como nos pareceu unha marabillosa idea, informamos ao alumnado de 5º e 6º da posibilidade de convertirse por un dia en Contacontos e de repente atopámonos cun montón de voluntarias e voluntarias polo que organizamos o tema e arrancamos neste mes de marzo co primeiro Contacontos na Biblio.
Os primeiros contacontos foron Paula e Cristóbal de 5º de E.P. que lles contaron ao alumnado de E.I., 1º e 2º de E.P. o conto "O Pito Cairo". A grande ovación que recibiron presaxia un éxito total grazas ao traballo e adicación dos nosos contacontos...
Ante a ilusión que espertou en tódolos voluntarios e voluntarias, publicitamos a actividade por todo o centro. Había que darlle repercusión ao evento!!!
 |
Alumnado de Educación Infantil |
 |
Alumnado de 1º e 2º e Eduación Primaria |
Manterémosvos informados do seguinte contacontos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario