O noso alumnado de 3º e 4º de Eduación Primaria tivo este trimestre como libro de lectura "Ota quere voar" e "Choiva de rás" respectivamente. Grazas a isto a Editorial Anaya preparounos a visita da súa autora, Ánxela Loureiro, todo un privilexio para estes nenos e nenas que o pasaron bomba con todo o que Ánxela traía preparado para eles e elas.
Traballaron os libros, cantaron, bailaron, en fin, unha xornada moi completa coa que nos deleitou Ánxela Loureiro.
E como sorpresa final firmou todos e cada un dos exemplares que tódolos nenos e nenas lle trouxeron. Que ilusión lles fixo!!!
Moitas grazas Ánxela, Lectorio sabe que os nosos nenos e nenas o pasaron xenial. Ata pronto!
lunes, 29 de abril de 2019
CHARLA DIABETES
No noso centro estamos en constante formación, moito mais se cabe cando se trata de algo que nos afecta directamente como no caso da diabetes, xa que contamos entre o noso alumnado cunha nena diabética. Cremos que coñecer un pouco mais sobre esta enfermidade e sobre como actuar a diario nun caso como este faise imprescindible. Por iso, para que o noso alumnado e profesorado esté ao día na medida do posible, tivemos unha charla sobre a diabetes que fixo na nosa biblio. Pensamos que tódolos/as asistentes aprendemos algunhas cousas moi útiles para axudar no caso de necesidade...
MUSEO CIENTÍFICO, A CIENCIA EN MOVEMENTO
Como parte das actividades relacionadas co noso PDI adicado a Leonardo da Vinci, a biblio de Lectorio foi o lugar elixido para a exposición A Ciencia en movemento. Como ben reza o cartel da mesma, o único prohibido foi non tocar.
Nela o alumnado puido coñecer un pouco mais sobre os diferentes inventos que Leornardo ideou. Algúns nenos e nenas puideron experimentar nalgúns deles e comprobar o que os diferentes inventos producían...
Este ano imos acabar sendo uns e unhas expertos/as en Leonardo...
Este ano imos acabar sendo uns e unhas expertos/as en Leonardo...
DÍA DA POESÍA
O 21 de marzo celébrase o Día da Poesía. Este ano, o alumnado do T.E.I. tivo unha iniciativa moi interesante. Cada titor/a e titorizado/a crearía un agasallo para o seu igual que xunto cuns versos adicados entregaríanos mutuamente ese día.
Aquí tendes algunha foto da elaboración dos agasallos
E aquí algúns dos momentos posteriores da entrega dos mesmos. As caras de alegría e ilusión dino todo...
Aquí tendes algunha foto da elaboración dos agasallos
E aquí algúns dos momentos posteriores da entrega dos mesmos. As caras de alegría e ilusión dino todo...
II CONTACONTOS NA BIBLIO
Xa vos podemos informar do seguinte contacontos dos nosos/as voluntarios/as. O conto elixido para este segundo contacontos foi "A casa da Mosca Chosca". Como no anterior, fixemos dúas quendas, na primeira delas foi o alumnado de 1º e 2º de E.P. o que tivo a sorte de velo, e na segunda o protagonista foi todo o alumnado de Educación Infantil.
Cabe destacar de novo a implicación dos voluntarios e voluntarias que preparan o conto cun grande motivación para tentar facelo cada vez mellor.
Deixámosovos tres imaxes que falan por si soas...
Educación Infantil |
1º Educación Primaria |
2º Educación Primaria |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)