O noso alumnado de 3º e 4º de Eduación Primaria tivo este trimestre como libro de lectura "Ota quere voar" e "Choiva de rás" respectivamente. Grazas a isto a Editorial Anaya preparounos a visita da súa autora, Ánxela Loureiro, todo un privilexio para estes nenos e nenas que o pasaron bomba con todo o que Ánxela traía preparado para eles e elas.
Traballaron os libros, cantaron, bailaron, en fin, unha xornada moi completa coa que nos deleitou Ánxela Loureiro.
E como sorpresa final firmou todos e cada un dos exemplares que tódolos nenos e nenas lle trouxeron. Que ilusión lles fixo!!!
Moitas grazas Ánxela, Lectorio sabe que os nosos nenos e nenas o pasaron xenial. Ata pronto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario