viernes, 7 de junio de 2019

CELEBRACIÓNS DÍA DO LIBRO

Un curso mais, a biblioteca foi testemuña do noso IX Trocolibro. Por quendas tódolos cursos foron baixando á biblio de Lectorio para trocar os seus vales polo libro que mais lles gustase. A "recadación" dos libros fíxose de rogar este ano pero ao final se xuntaron unha gran cantidade deles. Deixámosvos imaxes dalgúns momentos do noso IX Trocolibro.













Outra das actividades que organizou Lectorio foi os apadriñamentos lectores que son todo un exitazo entre o noso alumnado xa que ás e aos mais peques encántalles que lle lean contos, e ás e aos maiores encántalles ler contos ás/aos mais peques. Botádelle unha ollada ás fotos...




















No hay comentarios:

Publicar un comentario