viernes, 21 de junio de 2019

RADIO NA BIBLIO

Unha das cousas das que tiñamos mais gañas era a de lanzarnos a facer un programa de radio. É algo que sen dúbida debe formar parte da nosa futura Biblioteca de Lectorio. De xeito experimental, e como parte das celebracións do Día do Mundial do Medio Ambiente, o pasado 5 de xuño, o alumnado de 5º de E.P. coa súa titora Míriam, elaboraron un completo programa de radio con entrevistas, debates, dramatizacións e música. Ao ser a nosa primeira experiencia aínda estamos en proceso de  edición do grabado. Deixámosvos de momento unhas fotos da entrevista a Miguel Paz, biólogo, co que charlamos dun tema moi de actualidade, os eucaliptos, a súa masiva presenza nos nosos bosques e a súa influencia nas especies autóctonas...



En breves colgaremos o audio da entrevista







No hay comentarios:

Publicar un comentario