Antón Fraguas foi o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019. Na biblio de Lectorio actualizamos a nosa colección mercando libros do autor homenaxeado. Ademais os voluntarios e voluntarias fixeron unha pequena exposición destes exemplares mais os de outros autores anteriormente homenaxeados/as.
Xunto ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxemos para
traballar cada aula a biografía e obra
deste autor a través das actividades elaboradas e suxeridas polo Seminario Galán.
Muiñeira Letras Galegas: O baile tradicional forma parte da nosa cultura, a cal está vinculada á biblioteca lóxicamente. Dende aquí apoiamos o a
nosa participación con 60 nenas e nenos do noso colexio no Muinheirazo Letras Galegas 2019
que organizou o CFR e un grupo de mestras
e mestres en Navantia decidimos trasladar ese baile tradicional, parte
fundamental da nosa cultura, ao noso centro e bailalo como parte das nosas
celebracións do Día das Letras Galegas
2019.
https://www.youtube.com/watch?v=-kW_DJz_8cI&list=PLr9I-dTK1hZuleWcXXsj7Sal914q9g_xO&index=3&t=143s
https://www.youtube.com/watch?v=-kW_DJz_8cI&list=PLr9I-dTK1hZuleWcXXsj7Sal914q9g_xO&index=3&t=143s
Ademais, na seguinte ligazón están as diferentes actividades do centro para
celebrar este día: https://www.youtube.com/watch?v=3ofzhigPKfE&list=PLr9I-dTK1hZuleWcXXsj7Sal914q9g_xO&index=1
No hay comentarios:
Publicar un comentario