A pasada semana celebrouse en todo o mundo o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e a escola puxo en marcha diferentes proxectos para concienciar e educar ao alumnado na importancia que ten o respeto e a comprensión cara as mulleres, así como, o rexeitamento de calquer tipo de violencia que, aínda hoxe, están a padecer moitas mulleres na nosa sociedade. Dende o equipo da biblioteca impulsouse unha serie de lecturas para o alumnado de Educación Infantil (contos de Rosa Caramelo) e "A historia dos Bonobos con lentes" ademáis de promover a lectura de varias obras que tiñan coma temática principal a loita e visibilización da violencia de Xénero.
O mesmo día 25, celebrouse no patio da escola un acto coa cantiga "La puerta violeta" de Rozalén da que todo o alumnado e profesorado participou mostrando unha vez máis a súa repulsa cara esta lacra social.
sábado, 30 de noviembre de 2019
Aprendendo educación vial.
Benvida a todas e todos de novo. Dende o equipo da biblioteca do CEIP Virxe do Mar, ensinámosbos as actividades que fixemos a semana pasada para aprender educación vial cos máis cativos e cativas do cole. Foi unha actividade de carácter lúdico na que os nenos e nenas aprenderon cousas tan importantes coma mirar ben o semáforo, respectar os sinais do tráfico e non ter presa á hora de cruzar a rúa!!

miércoles, 13 de noviembre de 2019
As fotos do Samaín
Para o vindeiro 25 de Novembro faremos unha serie de actividades na biblioteca co motivo do día Internacional para a Eliminación da violencia contra a Muller. Estade atentos!!!
Benvida a todas e todos
Moi boas a todas e todos desde o equipo de biblioteca do CEIP Virxe do Mar. Como xa sabedes a biblioteca estivo pechada por reformas pero agardamos estar ao servizo da comunidade educativa en moi pouco tempo. Para facer a vosa espera máis agradable imos comunicar a través deste blog as actividades que se van a facer de aquí en adiante. E para mostra un botón: deixamosvos unha serie de fotografías que foron tomadas o pasado Samaín, onde os nenos e nenas de 5º leron contos de medo aos máis pequenos da nosa escola. Pasaron un rato moiiiiiiiiiiiiiiii malo (huhuhuhuhu).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)