sábado, 30 de noviembre de 2019

Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller

A pasada semana celebrouse en todo o mundo o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e a escola puxo en marcha diferentes proxectos para concienciar e educar ao alumnado na importancia que ten o respeto e a comprensión cara as mulleres, así como, o rexeitamento de calquer tipo de violencia que, aínda hoxe, están a padecer moitas mulleres na nosa sociedade. Dende o equipo da biblioteca impulsouse unha serie de lecturas para o alumnado de Educación Infantil (contos de Rosa Caramelo) e "A historia dos Bonobos con lentes" ademáis de promover a lectura de varias obras que tiñan coma temática principal a loita e visibilización da violencia de Xénero.

O mesmo día 25, celebrouse no patio da escola un acto coa cantiga "La puerta violeta" de Rozalén da que todo o alumnado e profesorado participou mostrando unha vez máis a súa repulsa cara esta lacra social.






No hay comentarios:

Publicar un comentario