A semana pasada tivemos a sorte de contar con José Antonio Purro, pintor e docente que ademáis creou un personaxe (Mukina) para ensinar a pintar aos máis pequenos.
Foi un taller moi divertido que fixo que na nosa biblioteca se respirara arte por todos os lados.
É unha boa forma de comezar o noso rincón de arte no que faremos murais, manualidades e debuxos que xirarán segundo as temáticas que estemos a traballar no cole.
No hay comentarios:
Publicar un comentario