domingo, 29 de marzo de 2020

Quédate na casa

Pasaron máis de quince días dende que a biblioteca de Lectorio pechou, o noso centro pechou as suas portas e as nosas vidas  pararonse...
Lectorio non entendía nada, preguntabase o por qué de este confinamento, se aquel xoves no que todo comezou estabamos escoitando uns traballos dos nenos e nenas de sexto curso que falaban sobre mulleres científicas importantes nas nosas vidas....( non quería deixar de subir as fotos xa que foi un traballo moi ben realizado polos nosos alumnos/as e que merece ser recoñecido)





Todo parecía normal...pero non era así fora da nosa zona de confort algo non ía ben, o máis importante nas nosas vidas corría perigo, a nosa saúde por iso todo cambiou, o mundo parou e atopámonos nesta situación tan excepcional onde o importante agora é ficar na casa... A Lectorio  gustarialle saber que estades todos ben e que seguro que aproveitades moito deste tempo na lectura, que sen dúbida é moi boa opción.


Seguirei esperando a que a nosa biblioteca se volva a encher de nenas e nenos disfrutando de cada recanto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario