- Selección e exposición de fondos da biblioteca coa temática do medo.
- Exposición e lectura na HORA DE LER dos relatos "arrepiantes" creados polo alumnado e as súas familias, a imaxinación e a orixinanidade foron protagonistas destas fantásticas historias.
- Decoración dos corredores coas cabazas ornamentadas polas familias que con gran entusiasmo conseguiron sorprendernos a todos e a todas.
- Túnel do Medo, o corredor foi o gran escenario dunha experiencia terrorífica pois convertiuse nun túnel medorento e monstruoso cheo de pantasmas, vampiros, meigas, sons ...
- Contacontos realizados polos alumnos e alumnas do 3º Ciclo ao resto do alumnado.
miércoles, 31 de octubre de 2012
UNHA SEMANA DE MEDO
No noso cole celebramos o SAMAÍN con moitas actividades que "meten medo".
lunes, 29 de octubre de 2012
jueves, 18 de octubre de 2012
ÍMOLO PASAR DE MEDO!!!
Chega o SAMAÍN, un tempo de tradicións e de moito, moito medo. O Samaín,palabra gaélica que significa "fin de verán, principio do inverno", celébrase na noite do 31 de outubro. Nestas datas os celtas tiñan as crenzas de poñer nas portas das súas casas caveiras iluminadas para afastar as ánimas, de ahí ven a tradición de facer caveiras con cabazas, melóns, calacús, etc.
Como outros anos o equipo de NDL e o equipo de Biblioteca propón celebrar estas datas cunha chea de actividades arrepiantes: _Exposicións de cabazas elaboradas polas familias _Túnel do medo _Concurso de doces con produtos do outono _Escenificación de contos de medo do alumnado do 3º Ciclo _Certame de relatos de medo, misterio, terror...
jueves, 11 de octubre de 2012
NORABOA!, KALANDRAKA
Por primeira vez unha editorial especializada en Literatura Infantil e Xuvenil recibe
o Premio Nacional á Mellor Labor Editorial Cultural 2012 por parte do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte polo “compromiso coa literatura infantil, destacando o coidado dos textos, xunto coa calidade da ilustración e a adicación a xéneros máis complexos como a poesía”.
Dende a biblioteca de Lectorio sentímonos orgullosos de que unha editorial galega prestixe a nosa cultura e nosa lingua con libros de tanta calidade estética e literaria.
La editora gallega Kalandraka consigue el Premio nacional a la mejor labor editorial
miércoles, 3 de octubre de 2012
O MES DA BIBLIOTECA, OUTUBRO
Por fin! xa estamos aquí. Lectorio, a nosa mascota, ten moitas cousas que contarnos e moitas actividades que ofrecernos, polo que temos que estar moi atentos e atentas as súas propostas.
Hoxe preséntanos o cartel do ilustrador galego Andrés Meixide que este curso edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria co lema: BIBLIOTECA ESCOLAR, ACELERADOR DE INNOVACIÓN co gallo da celebración do mes das Bibliotecas Escolares e do Día da Biblioteca (24 de outubro).
Hoxe preséntanos o cartel do ilustrador galego Andrés Meixide que este curso edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria co lema: BIBLIOTECA ESCOLAR, ACELERADOR DE INNOVACIÓN co gallo da celebración do mes das Bibliotecas Escolares e do Día da Biblioteca (24 de outubro).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)