miércoles, 31 de octubre de 2012

UNHA SEMANA DE MEDO

No noso cole celebramos o SAMAÍN con moitas actividades que "meten medo".

  • Selección e exposición de fondos da biblioteca coa temática do medo.
  • Exposición e lectura na HORA DE LER dos relatos "arrepiantes" creados polo alumnado e as súas familias, a imaxinación e a orixinanidade foron protagonistas destas fantásticas historias.
  • Decoración dos corredores coas cabazas ornamentadas polas familias que con gran entusiasmo conseguiron sorprendernos a todos e a todas.
  • Túnel do Medo, o corredor foi o gran escenario dunha experiencia terrorífica  pois convertiuse nun túnel medorento e monstruoso cheo de pantasmas, vampiros, meigas, sons ...
  • Contacontos realizados polos alumnos e alumnas do 3º Ciclo ao resto do alumnado.








No hay comentarios:

Publicar un comentario