miércoles, 3 de octubre de 2012

O MES DA BIBLIOTECA, OUTUBRO

Por fin! xa estamos aquí. Lectorio, a nosa mascota, ten moitas cousas que contarnos e moitas actividades que ofrecernos, polo que temos que estar moi atentos e atentas as súas propostas.
Hoxe preséntanos o cartel do ilustrador galego Andrés Meixide que este curso edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria co lema: BIBLIOTECA ESCOLAR, ACELERADOR DE INNOVACIÓN co gallo da celebración do mes das Bibliotecas Escolares e do Día da Biblioteca (24 de outubro).

No hay comentarios:

Publicar un comentario