martes, 27 de noviembre de 2012
domingo, 25 de noviembre de 2012
25 NOVEMBRO: DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO
A biblioteca de Lectorio quere sumarse a esta conmemoración contribuíndo cunha serie de actividades a tomar conciencia da problemática da violencia de xénero que, por desgraza, aínda está presente na nosa sociedade.
A partir da narración e lectura do libro Artur e Clementina da editorial Kalandraka realizamos actividades, tanto en Educación Infantil como en Primaria, adaptadas ás características de cada etapa e reflexionamos sobre a violencia de xénero. Observamos que o menosprezo, a humillación e o poñer límites ao desenvolvemento persoal, bloqueando soños e ideas, tamén son agresións, aínda que non sexan físicas.
Arturo e Clementina
View more presentations or Upload your own.
miércoles, 21 de noviembre de 2012
DEREITOS DO NENO E DA NENA
Todos os nenos e nenas son diferentes e iguais en dereitos, teñen dereito a non ser discriminados e a recibir tratos especiais se os precisan.
"El cazo de Lorenzo" é un precioso conto metafórico que nos fala das dificultades que ten que afrontar un neno diferente para superarse.

martes, 20 de noviembre de 2012
DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA E DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS
Hoxe, 20 de novembro, é o Día da Infancia; a Declaración dos Dereitos dos Nenos e da Nenas foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas este mesmo día de 1950.
Co motivo desta celebración na Biblioteca de Lectorio, fixemos unha exposición bibliográfica sobre o tema, durante varios días limos e nos concienciamos sobre os problemas dalgúns nenos e nenas para posteriormente ilustrar entre todos un decálogo dos dereitos , cada clase ilustrou un destes dereitos.
IGUALDADE
Todos os nenos e nenas somos diferentes, pero iguais en que temos os mesmos dereitos.
IDENTIDADE
Todos os nenos e nenas temos dereito a un nome e a unha nacionalidade.
SAÚDE
Todos temos dereito a ter coidados médicos e a desenvolver hábitos de vida saudable e a vivir nun lugar sen contaminación.
FAMILIA
Todos os nenos e nenas temos dereito a ter unha familia que nos queira e nos oriente.
EDUCACIÓN
Temos dereito a unha educación de calidade para aprender a convivir e a ser mellores e, a asistir a unha escola na que nos sintamos felices.
XOGO
Todos e todas temos dereito a dispor de tempo, compañía e espazos para xogar e divertirse nun ambiente san e feliz.
PROTECCIÓN
Temos dereito a ser protexidos contra os abusos e a non racibir humillacións e malos tratos.
PARTICIPACIÓN
Temos dereito a recibir información adecuada e a que as nosas opinións sexan tidas en conta
BENESTAR
Todos e todas temos dereito a vivir nunha casa coa nosa familia e dispor dos recursos necesarios para desenvolvernos con dignidade.
PAZ
Todos os nenos e nenas temos dereito a ser criados nunha sociedade en paz e sen violencia e formarnos nun espíritu de solidaridade, tolerancia e amizade.

martes, 13 de noviembre de 2012
O MAGOSTO
O venres día 9, celebramos no noso cole O MAGOSTO. Este día poidemos disfrutar da festa toda a comunidade educativa e degustar unhas estupendas castañas asadas e uns saborosos doces elaborados con produtos do outono.
Temos que agradecer un ano máis ás familias a súa imprescindible e valiosa colaboración.
martes, 6 de noviembre de 2012
AS CASTAÑAS E O MAGOSTO
Xa é tempo das castañas, por iso no cole celebraremos o venres, día 9 O MAGOSTO.
A través da Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA), podemos contemplar as peripacias da familia Trebón nunha excursión polo bosque. Os personaxes coñecerán o que son as castañas e gozarán da festa do magosto.
Para saber moito máis desta festa social e da importancia da castaña en Galicia, estámonos documentando cos recursos da biblioteca de Lectorio.
Neste interesante vídeo atoparemos moita información.
CONTO DO OUTONO
A través da Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA), podemos contemplar as peripacias da familia Trebón nunha excursión polo bosque. Os personaxes coñecerán o que son as castañas e gozarán da festa do magosto.
domingo, 4 de noviembre de 2012
Publish at Calameo or read more publications.
Aquí temos un dos relatos escollidos dos presentadosen Educación Infantil. Autora é Aurora Rodríguez coa axuda dos seus pais Loli e Óscar. Desfrutade do relato!!!Ides tremer de medo!!!!

jueves, 1 de noviembre de 2012
RELATOS DE TERROR. SAMAÍN 2012
Publish at Calameo or read more publications.
Grazas a todos os nenos/as e as súas familias por por participar neste I Certame de relatos de terror do Ceip Virxe do Mar. Ante a imposibilidade de colgar na rede todos os relatos presentados, fixemos unha selección dos mellores. Podedes velos no seu formato orixinal, con ilustracións incluidas, na Biblioteca de Lectorio.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)