domingo, 25 de noviembre de 2012

25 NOVEMBRO: DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO


A biblioteca de Lectorio quere sumarse a esta conmemoración contribuíndo cunha serie de actividades a tomar conciencia da problemática da violencia de xénero que, por desgraza, aínda está presente na nosa sociedade.

A partir da narración e lectura do libro Artur e Clementina da editorial Kalandraka realizamos actividades, tanto en Educación Infantil como en Primaria, adaptadas ás características de cada etapa e reflexionamos sobre a violencia de xénero. Observamos que o menosprezo, a humillación e o poñer límites ao desenvolvemento persoal, bloqueando soños e ideas, tamén son agresións, aínda que non sexan físicas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario