martes, 20 de noviembre de 2012

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA E DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS

Hoxe, 20 de novembro, é o Día da Infancia; a Declaración dos Dereitos dos Nenos e da Nenas foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas este mesmo día de 1950.
   Co motivo desta celebración na Biblioteca de Lectorio, fixemos unha exposición bibliográfica sobre o tema, durante varios días limos e nos concienciamos sobre os problemas dalgúns nenos e nenas para posteriormente ilustrar  entre todos un decálogo dos dereitos , cada clase ilustrou un destes dereitos.  


               IGUALDADE
Todos os nenos e nenas somos diferentes, pero iguais en que temos os mesmos dereitos.




                       
                            IDENTIDADE
Todos os nenos e nenas temos dereito a un nome e a unha nacionalidade.
 
                            SAÚDE
Todos temos dereito a ter coidados médicos e a desenvolver hábitos de vida saudable e a vivir nun lugar sen contaminación.


                             FAMILIA
Todos os nenos e nenas temos dereito a ter unha familia que nos queira e nos oriente.

                EDUCACIÓN
Temos dereito a unha educación de calidade para aprender a convivir e a ser mellores e, a asistir a unha escola na que nos sintamos felices.

             
                               XOGO
Todos e todas temos dereito a dispor de tempo, compañía e espazos para xogar e divertirse nun ambiente san e feliz.





                  PROTECCIÓN
Temos dereito a ser protexidos contra os abusos e a non racibir humillacións e malos tratos.






                                      PARTICIPACIÓN
Temos dereito a recibir información adecuada e a que as nosas opinións sexan tidas en conta

                           BENESTAR
Todos e todas temos dereito a vivir nunha casa coa nosa familia e dispor dos recursos necesarios para desenvolvernos con dignidade.

                     PAZ
Todos os nenos e nenas temos dereito a ser criados nunha sociedade en paz e sen violencia e formarnos nun espíritu de solidaridade, tolerancia e amizade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario