Durante esta semana temos na Biblioteca unha exposición de libros nos que se invita aos nenos e nenas a achegarse a historias onde as mulleres teñen un papel activo pois son nenas e mulleres reivindicativas, valentes e libres e que nos fan reflexionar sobre o distinto tratamento que ás veces que reciben os rapaces e as rapazas.
A proposta de Lectorio é a de traballar o conto Rosa Caramelo de Adela Turín para analizar os estereotipos sexistas e debatir sobre as diferencias nos xogos, na maneira de vestir, nos espazos que ocupan unhas e outros... Traballamos o conto en diferentes formatos: lectura colectiva e individual do libro, presentación do conto en kamishibai realizado e interpretado por alumnos e alumnas de 5º de Primaria ao resto do alumnado, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario