ABRIMOS AS PORTAS!!
Lectorio xa ten todo a punto na nosa Biblioteca: organización dos espazos e materiais, actividades de formación de usuarios, novos carnés, xestión das mochilas viaxeiras, contactos con autores ... Por iso, a partir de mañá día 10, todos os usuarios e usuarias poden utilizar os recursos que ofrece como: lectura e consulta en sala, préstamo, visualización de películas, exposicións temáticas e de novidades, reparto de material seleccionado para as familias nas mochilas viaxeiras, sesións de lecturas en voz alta e contacontos, caixa de suxestións onde os usuarios poden facer propostas sobre a adquisición de fondos, organización, funcionamento, etc.
A biblioteca permanecerá aberta durante todo o horario lectivo, cada clase dispón dunha sesión semanal coa súa titora para realizar actividades de formación documental ou de fomento da lectura; durante os recreos para préstamo, lectura, uso de ordenadores; en horario extraescolar de 16:00 a 18:00 horas os luns, mércores e xoves para préstamo, consulta e lectura acompañados dun adulto.
FELICES LECTURAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario