Onte, dentro das actividades organizadas para celebrar o Día das Bibliotecas, o alumnado de 2º e 3º Ciclo recibiu a visita do escritor Antón Cortizas. Foi unha experiencia moi especial e motivadora onde a imaxinación foi a protagonista. Os nenos e nenas agradecéronlle a Antón Cortizas a súa visita, lendo os seus libros e agasallándoo cunha recopilación de traballos das lecturas feitas previamente.
GRAZAS, ANTÓN!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario