miércoles, 11 de mayo de 2016

CONTA-CONTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Hoxe comenzamos a celebrar as Letras Galegas en Educación Infantil!! Disfrutamos da interpretación de tres contos da editorial kalandraka por parte de Patri e Álex, que sempre ven acompañado do seu acordeón. Xa nos visitaron en anos anteriores e que nunca defraudan, sempre quedamos abraiados coas súas dramatizacións e os sons dos instrumentos que os acompañan.
E comenzaron co conto " Despois da chuvia" VIIIPremio Internacional ao mellor álbum ilustrado 2015, e o cal tedes a disposición na biblioteca de Lectorio. Continuaron cun conto do que temos varios exemplares na biblio do cole polo éxito que ten, "A que sabe a lúa"
E finalmente un conto que amosa a importancia de valorar a arte dos máis pequenos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario