domingo, 30 de octubre de 2016
CELEBRAMOS O SAMAÍN
Como é tradición no noso centro, esta semana celebramos o Samaín. O alumnado trouxo decoradas cabazas,ou ben as decoraron na aula,un dos elementos máis típicos nesta época.
Na Biblioteca de Lectorio poderedes consultar información sobre esta tradición e ler contos de medo adaptados a diversas idades.
Os contos de medo son unhas das temáticas típicas tamén do Samaín e favoritas das nenas e nenos do cole, e por iso Lectorio organizou un conta-contos de medo con dúas alumnas e un alumno de 5º de educación primaria.
"A bruxa regañadentes" é novidade na biblioteca de Lectorio e foi o título seleccionado para o alumnado de educación infantil e as aulas de 1º e 2º de educación primaria.
Lectorio quere agradecer a implicación e ilusión do alumnado en cada actividade que propón.
Polo que nos dixeron os asistentes, que non foron moi teimosos, pasárono moi ben pero esperamos críticas no buzón de "A vosa opinión conta".
Ata pronto!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario