domingo, 16 de octubre de 2016

OUTUBRO, MES DA BIBLIOTECA CON ROALD DAHL

Durante este mes de outubro visionaremos varias películas, no salón de actos do famoso escritor de literatura xuvenil Roald Dahl. Cada semana o alumnado poderá disfrutar dunha adaptación ao cine dunha obra do famoso escritor.
Comenzamos con "Matilda"e continuaremos coa adaptación de "Superzorro". Esta semana visionaremos "Charlie y la fábrica de chocolate" e a vindeira semana "Jack y el melocotón gigante".
Dende a biblioteca de Lectorio facilitaránse obras do autor para a lectura nas aulas e actividades posteriores á lectura así como información sobre a biografía do escritor. Tamén, coma en anos anteriores, solicitamos exemplares do autor na Biblioteca Municipal do Concello de Narón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario