domingo, 29 de noviembre de 2020

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 E queremos mostrarvos aquí , unha actividade que nos propuxo o equipo de Seguridade Vial do Concello de Narón e quixemos participar nela con moito gusto. Todos os anos, os alumnado de sexto participaba na carreira ciclista contra a violencia de xénero. Este ano non puido ser , polas circunstancias que estamos vivindo pero non por iso queríamos deixar de participar e o fixemos de xeito virtual. Todos e todas as nenas e nenos de sexto de primaria pedalearon contra a violencia de xénero. Montados nunha bici estática e pedaleando por turnos foron chegando (de xeito virtual) a distintos puntos do concello. Mentres uns pedaleaban, outros ían respostando ás preguntas da Ginkana para poder seguir avanzando.














25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Seguimos mostrando algunhas das cousiñas que fixemos ao longo desta semana . O alumnado de Infantil , 1º e 2º de Primaria visionaron o conto Artur e Clementina


https://youtu.be/a0Gu2gQO5G8

Tras o visionado do conto, fixemos un pequeno debate sobre a situación que estaba a vivir Clementina. Os nenos e  nenas decidiron e pensaron palabras bonitas que todo o mundo debería escoitar e aquelas palabras feas que non queremos oír.
As nenas e os nenos da clase de 4 anos pensarone estas palabras
 Estas palabras , tanto as bonitas como as que non o son tanto, as estamos a poñer nun mural na biblioteca que vai tomando forma




martes, 24 de noviembre de 2020

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Aquí seguimos mostrando outra das actividades que realizamos estes días: concurso de logos . Todo o alumnado participou e fixeron un montón de diseños super chulos. Tiñamos que escoller 3, un por cada categoría e nolo puxeron realmente complicado. Cos diseños gañadores fixemos as chapas que todos os nenos e nenas levarán o día 25 de novembro. E estes son os logos gañadores :

Categoría 1: Infantil

Gañador: Mateo Naveiras Rico  ( 5º de Educación Infantil)


Categoría 2 : 1º, 2º e 3º de Primaria

Gañadora: Sara Mauriz Barro


Categoría 3: 4º,5º e 6º de Primaria

Gañadora: Noa González Méndez



25 NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Mañá celebraremos no cole o día internacional contra a violencia de xénero . Xa levamos uns días traballando sobre isto nas aulas e queremos ensinarvos algúnhas das cousiñas que fixemos. 

Selección de frases feitas polo alumnado de primaria

lunes, 16 de noviembre de 2020

LECTORIO E A CIENCIA

 Durante este mes de Novembro estamos a celebrar o mes da ciencia. Todos os cursos están a traballar sobre esta temática e culminarán coa realización dun experimento do que daremos boa conta. Lectorio preparounos unha selección de libros informativos nos que adentrarnos neste fantástico mundo. 

Os primeiros en querer demostrarnos as súas dotes científicas son os nenos e nenas da clase de 4 anos. Aproveitando que estiveron cun proxecto de Dinosaurios quixeron culminar coa explosión dun volcán. Non vos perdades o resultado. Gustoulles tanto que decidiron investigar sobre os volcáns. Lectorio xa está preparando a súa cesta con material desta temática






Tamén quixeron facer o experimento do  volcán as nenas e nenos da clase de 5 anos