E queremos mostrarvos aquí , unha actividade que nos propuxo o equipo de Seguridade Vial do Concello de Narón e quixemos participar nela con moito gusto. Todos os anos, os alumnado de sexto participaba na carreira ciclista contra a violencia de xénero. Este ano non puido ser , polas circunstancias que estamos vivindo pero non por iso queríamos deixar de participar e o fixemos de xeito virtual. Todos e todas as nenas e nenos de sexto de primaria pedalearon contra a violencia de xénero. Montados nunha bici estática e pedaleando por turnos foron chegando (de xeito virtual) a distintos puntos do concello. Mentres uns pedaleaban, outros ían respostando ás preguntas da Ginkana para poder seguir avanzando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario