lunes, 16 de noviembre de 2020

LECTORIO E A CIENCIA

 Durante este mes de Novembro estamos a celebrar o mes da ciencia. Todos os cursos están a traballar sobre esta temática e culminarán coa realización dun experimento do que daremos boa conta. Lectorio preparounos unha selección de libros informativos nos que adentrarnos neste fantástico mundo. 

Os primeiros en querer demostrarnos as súas dotes científicas son os nenos e nenas da clase de 4 anos. Aproveitando que estiveron cun proxecto de Dinosaurios quixeron culminar coa explosión dun volcán. Non vos perdades o resultado. Gustoulles tanto que decidiron investigar sobre os volcáns. Lectorio xa está preparando a súa cesta con material desta temática






Tamén quixeron facer o experimento do  volcán as nenas e nenos da clase de 5 anos






No hay comentarios:

Publicar un comentario