The Adventures of a Cardboard Box from Studiocanoe on Vimeo.
miércoles, 26 de diciembre de 2012
martes, 25 de diciembre de 2012
VISITOUNOS O APALPADOR!!
O día 21 de decembro recibimos na biblioteca a visita do Apalpador, quen como sempre nestas datas, baixa da súa morada nas montañas do Courel para visitar aos nenos e nenas do noso cole. Días antes estivemos coñecendo distintos aspectos do xigante carboeiro: onde están as montañas que el habita, a flora e a fauna do Courel, a súa vestimenta...O apalpador agasallounos con regalos feitos coas súas propias mans con materiais de refugallo ou con cousas que todos temos nas nosas casas: tróuxonos pulseiras, cabaliños, reloxos, monicreques, axendas... Da man desta mítica figura traballamos os seus valores anticonsumistas, de respecto á natureza e de solidaridade entre todas e todos nós.
Finalmente cantámoslle unha cantiguiña para que volte a visitarnos o ano que ven.
Finalmente cantámoslle unha cantiguiña para que volte a visitarnos o ano que ven.
miércoles, 12 de diciembre de 2012
RECITANDO A CELSO EMILIO
Hoxe ás 12:00 secundamos no noso cole, como outros colexios de Galicia, a iniciativa da CGENDL de render unha homenaxe pública a Celso Emilio Ferreiro "porque si, porque nos gosta, porque nos peta e nos da a gana", recitando colectivamente no patio, todos, alumnado e profesorado, o seu poema "Deitado frente ao mar", como símbolo de valores de solidaridade e xustiza e tamén, de compromiso coa cultura e lingua galega.
lunes, 10 de diciembre de 2012
O 12 do 12 do 2012 ás 12
O mércores, día 12 ás 12, sumarémonos á proposta da CGEDL (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) de homenaxear a Celso Emilio Ferreiro con motivo do centenario do seu nacemento, cun acto colectivo de recitado do poema "Deitado fronte ao mar".
Para acceder ao material elaborado pola Biblioteca do "IES Concepción Arenal" sobre a figura de Celso Emilio Ferreiro preme AQUÍ
O "IES As Barxas" colabora nesta iniciativa, ademais co seguinte vídeo
Para acceder ao material elaborado pola Biblioteca do "IES Concepción Arenal" sobre a figura de Celso Emilio Ferreiro preme AQUÍ
O "IES As Barxas" colabora nesta iniciativa, ademais co seguinte vídeo
Deitado frente ao mar I from Seso Durán on Vimeo.
lunes, 3 de diciembre de 2012
VOLVE O APALPADOR !!
O Apalpador é unha figura mítica do Nadal galego, home máxico e bondadoso de profesión carboeiro e defensor da natureza e da comida saudable que vén das montañas do leste de Lugo para agasallar aos nenos e nenas con cousiñas que non compra, senón que fai ou recicla.
Para recuperar esta figura como propia, no cole facemos unha pequena contribución investigando sobre o seu aspecto, a zona onde vive, a súa vestimenta, hábitos, etc. e fomentando actitudes non consumistas e de coidado dos recursos naturais.
Recuperamos unha montaxe elaborada o curso pasado.
Para saber máis do Apalpador AQUÍ atoparemos máis recursos que nos proporciona a Biblioteca Victor Sáenz.

martes, 27 de noviembre de 2012
domingo, 25 de noviembre de 2012
25 NOVEMBRO: DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO
A biblioteca de Lectorio quere sumarse a esta conmemoración contribuíndo cunha serie de actividades a tomar conciencia da problemática da violencia de xénero que, por desgraza, aínda está presente na nosa sociedade.
A partir da narración e lectura do libro Artur e Clementina da editorial Kalandraka realizamos actividades, tanto en Educación Infantil como en Primaria, adaptadas ás características de cada etapa e reflexionamos sobre a violencia de xénero. Observamos que o menosprezo, a humillación e o poñer límites ao desenvolvemento persoal, bloqueando soños e ideas, tamén son agresións, aínda que non sexan físicas.
Arturo e Clementina
View more presentations or Upload your own.
miércoles, 21 de noviembre de 2012
DEREITOS DO NENO E DA NENA
Todos os nenos e nenas son diferentes e iguais en dereitos, teñen dereito a non ser discriminados e a recibir tratos especiais se os precisan.
"El cazo de Lorenzo" é un precioso conto metafórico que nos fala das dificultades que ten que afrontar un neno diferente para superarse.
"El cazo de Lorenzo" é un precioso conto metafórico que nos fala das dificultades que ten que afrontar un neno diferente para superarse.
martes, 20 de noviembre de 2012
DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA E DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS
Hoxe, 20 de novembro, é o Día da Infancia; a Declaración dos Dereitos dos Nenos e da Nenas foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas este mesmo día de 1950.
Co motivo desta celebración na Biblioteca de Lectorio, fixemos unha exposición bibliográfica sobre o tema, durante varios días limos e nos concienciamos sobre os problemas dalgúns nenos e nenas para posteriormente ilustrar entre todos un decálogo dos dereitos , cada clase ilustrou un destes dereitos.
IGUALDADE
Todos os nenos e nenas somos diferentes, pero iguais en que temos os mesmos dereitos.
IDENTIDADE
Todos os nenos e nenas temos dereito a un nome e a unha nacionalidade.
SAÚDE
Todos temos dereito a ter coidados médicos e a desenvolver hábitos de vida saudable e a vivir nun lugar sen contaminación.
FAMILIA
Todos os nenos e nenas temos dereito a ter unha familia que nos queira e nos oriente.
EDUCACIÓN
Temos dereito a unha educación de calidade para aprender a convivir e a ser mellores e, a asistir a unha escola na que nos sintamos felices.
XOGO
Todos e todas temos dereito a dispor de tempo, compañía e espazos para xogar e divertirse nun ambiente san e feliz.
PROTECCIÓN
Temos dereito a ser protexidos contra os abusos e a non racibir humillacións e malos tratos.
PARTICIPACIÓN
Temos dereito a recibir información adecuada e a que as nosas opinións sexan tidas en conta
BENESTAR
Todos e todas temos dereito a vivir nunha casa coa nosa familia e dispor dos recursos necesarios para desenvolvernos con dignidade.
PAZ
Todos os nenos e nenas temos dereito a ser criados nunha sociedade en paz e sen violencia e formarnos nun espíritu de solidaridade, tolerancia e amizade.

martes, 13 de noviembre de 2012
O MAGOSTO
O venres día 9, celebramos no noso cole O MAGOSTO. Este día poidemos disfrutar da festa toda a comunidade educativa e degustar unhas estupendas castañas asadas e uns saborosos doces elaborados con produtos do outono.
Temos que agradecer un ano máis ás familias a súa imprescindible e valiosa colaboración.
martes, 6 de noviembre de 2012
AS CASTAÑAS E O MAGOSTO
Xa é tempo das castañas, por iso no cole celebraremos o venres, día 9 O MAGOSTO.
A través da Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA), podemos contemplar as peripacias da familia Trebón nunha excursión polo bosque. Os personaxes coñecerán o que son as castañas e gozarán da festa do magosto.
Para saber moito máis desta festa social e da importancia da castaña en Galicia, estámonos documentando cos recursos da biblioteca de Lectorio.
Neste interesante vídeo atoparemos moita información.
CONTO DO OUTONO
A través da Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA), podemos contemplar as peripacias da familia Trebón nunha excursión polo bosque. Os personaxes coñecerán o que son as castañas e gozarán da festa do magosto.
domingo, 4 de noviembre de 2012
Publish at Calameo or read more publications.
Aquí temos un dos relatos escollidos dos presentadosen Educación Infantil. Autora é Aurora Rodríguez coa axuda dos seus pais Loli e Óscar. Desfrutade do relato!!!Ides tremer de medo!!!!
Aquí temos un dos relatos escollidos dos presentadosen Educación Infantil. Autora é Aurora Rodríguez coa axuda dos seus pais Loli e Óscar. Desfrutade do relato!!!Ides tremer de medo!!!!
jueves, 1 de noviembre de 2012
RELATOS DE TERROR. SAMAÍN 2012
Publish at Calameo or read more publications.
Grazas a todos os nenos/as e as súas familias por por participar neste I Certame de relatos de terror do Ceip Virxe do Mar. Ante a imposibilidade de colgar na rede todos os relatos presentados, fixemos unha selección dos mellores. Podedes velos no seu formato orixinal, con ilustracións incluidas, na Biblioteca de Lectorio.

miércoles, 31 de octubre de 2012
UNHA SEMANA DE MEDO
No noso cole celebramos o SAMAÍN con moitas actividades que "meten medo".
- Selección e exposición de fondos da biblioteca coa temática do medo.
- Exposición e lectura na HORA DE LER dos relatos "arrepiantes" creados polo alumnado e as súas familias, a imaxinación e a orixinanidade foron protagonistas destas fantásticas historias.
- Decoración dos corredores coas cabazas ornamentadas polas familias que con gran entusiasmo conseguiron sorprendernos a todos e a todas.
- Túnel do Medo, o corredor foi o gran escenario dunha experiencia terrorífica pois convertiuse nun túnel medorento e monstruoso cheo de pantasmas, vampiros, meigas, sons ...
- Contacontos realizados polos alumnos e alumnas do 3º Ciclo ao resto do alumnado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)