sábado, 23 de noviembre de 2013

DÍA PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

     Cada 25 de novembro celébrase o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller , aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1999 en memoria das irmás Mirabal.
     No noso cole queremos sumarnos a esta conmemoración cunha serie de actividades que axuden a tomar conciencia  sobre a violencia de xénero e a reflexionar sobre que tamén son agresións, aínda que non sexan físicas, as humillacións e o poñer límites ao desenvolvemento persoal.
    A imposición de determinados cánones de beleza, sobre todo ás mulleres, non é tamén maltrato?. Este vídeo axudaranos a reflexionar sobre elo.


jueves, 21 de noviembre de 2013

OS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS

     Tal día como onte, 20 de novembro de 1950, foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas a Declaración dos Dereitos dos Nenos e das Nenas.
     Na biblioteca de Lectorio durante esta semana, están expostos libros con esta temática o que nos axudará a reflexionar sobre a problemática que padecen algúns nenos e nenas.
Volvemos a poñer o conto metafórico "El cazo de Lorenzo" que nos fala das dificultades que teñen que superar algunhas persoas para superarse.

viernes, 15 de noviembre de 2013

MAGOSTO 2013

Click to play this Smilebox slideshow

Hoxe no noso cole celebramos o Magosto e tamén o XI Concurso de Doces de Outono. Houbo moita participación por parte das familias, aportando doces do máis variado. Grazas a todos por colaborar para que este concurso vaia xa pola décimo primeira edición. Neste Magosto contamos tamén cun mercadillo a cargo do alumnado de sexto e cremos que foi todo un éxito.
 
 

jueves, 14 de noviembre de 2013

KAMISHIBAI: A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA





Hoxe os nenos e nenas  de Educación Infantil disfrutaron do Kamishibai " A castaña que rebentou de risa".  Pasáronno pipa grazas aos debuxos feitos polos colaboradores da biblioteca e a narración a cargo de Mari, responsable da Biblioteca de Lectorio.

lunes, 11 de noviembre de 2013

ESTAMOS PREPARANDO O MAGOSTO

      O día 15 celebraremos unha das festas tradicionais galegas  máis populares: O MAGOSTO. Festa de exaltación da castaña pola importancia que tivo na alimentación dos galegos e galegas noutros tempos.
      Para saber máis sobre esta celebración estamos investigando utilizando os recursos da biblioteca.

Nos seguintes enlaces podemos atopar moitas ideas e recursos sobre a temática do Outono e o Magosto:

--Object------------

domingo, 3 de noviembre de 2013

UF! QUE MEDO!!

       Nas datas do SAMAÍN os celtas tiñan as crenzas de poñer nas portas das súas casas caveiras iluminadas para afastar as ánimas, de ahí ven a tradición de facer caveiras con cabazas e melóns.
       Durante esta semana no cole conmemoramos O SAMAÍN cunha serie de actividades arrepiantes que meteron moito, moito medo.

  • Selección e exposición de fondos da Biblioteca coa temática do medo, misterio, terror...
  • Lecturas de contos de medo na Biblioteca por parte das encargadas na hora do recreo.
  • Visualización do conto Fiz, o coleccionista de medos na Biblioteca.
  • Búsqueda de estratexias para reducir e canalizar os medos. Para superar o medo temos que enfrontarnos a el. Por iso, os nenos e as nenas reflexionaron e escribiron sobre A que lle teñen medo?.
  • II Certame de Relatos de Medo. Os alumnos e alumnas e as súas familias participaron na creación e recompilación de historias fantásticas e misteriosas. 
  • Exposición de cabazas decoradas polas familias onde a imaxinación foi a protagonista.
  • Túnel do Terror. O día 31 o corredor foi o escenario dunha experiencia medoñenta e monstruosa chea de pantasmas, vampiros, meigas...













miércoles, 16 de octubre de 2013

VISITOUNOS ANTÓN CORTIZAS!

      Onte, dentro das actividades organizadas para celebrar o Día das Bibliotecas, o alumnado de 2º e 3º Ciclo recibiu a visita do escritor Antón Cortizas. Foi unha experiencia  moi especial e motivadora onde a imaxinación foi a protagonista. Os nenos e nenas  agradecéronlle a Antón Cortizas a súa visita, lendo os seus libros e agasallándoo cunha recopilación de traballos das lecturas feitas previamente.
                     GRAZAS, ANTÓN!!







miércoles, 9 de octubre de 2013

ABRIMOS AS PORTAS!!

      Lectorio xa ten todo a punto na nosa Biblioteca: organización dos espazos e materiais, actividades de formación de usuarios, novos carnés, xestión das mochilas viaxeiras, contactos con autores ... Por iso, a partir de mañá día 10, todos os usuarios e usuarias poden utilizar os recursos que ofrece como: lectura e consulta en sala, préstamo, visualización de películas, exposicións temáticas e de novidades, reparto de material seleccionado para as familias nas mochilas viaxeiras, sesións de lecturas en voz alta e contacontos, caixa de suxestións onde os usuarios poden facer propostas sobre a adquisición de fondos, organización, funcionamento, etc.

      A biblioteca permanecerá aberta durante todo o horario lectivo, cada clase dispón dunha sesión semanal coa súa titora para realizar actividades de formación documental ou de fomento da lectura; durante os recreos para préstamo, lectura, uso de ordenadores; en horario extraescolar de 16:00 a 18:00 horas os luns, mércores e xoves para préstamo, consulta e lectura acompañados dun adulto.

                 FELICES LECTURAS!




lunes, 3 de junio de 2013

LIBRO VIAXEIRO

Todo o alumnado desde 3 anos de Infantil ata 6º de Primaria elaboraron este conto, escrito e ilustrado entre todos. Aquí tamén podemos oílo coas súas voces. A que é bonito?




jueves, 23 de mayo de 2013

OS MAIOS

"Os Maios" é unha festa tradicional galega, que se celebra ao final do inverno e principio da primavera, de exaltación da natureza. Tamén se chaman "maios" as construcións vexetais feitas con herbas, flores, froitos...

 Hoxe no noso cole celebramos "Os Maios" facendo alfombras florais coa temática do PDI: os nenos e nenas de Infantil, o mar; os de 1º Ciclo, unha árbore; os de 2º Ciclo, o aire e os de 3º Ciclo, o lume.
Despois todos xuntos cantamos cantigas de maio.

lunes, 6 de mayo de 2013

PREPARANDO AS LETRAS GALEGAS

Damos as grazas ao Seminario Galán por compartir con todos nós as propostas de actividades para coñecer a vida e obra do autor, director, actor e escenógrafo homenaxeado este ano pola Real Academia Galega, Roberto Vidal Bolaño, persoa de referencia para o teatro galego.
Preme AQUÍ para acceder ás actividades

martes, 23 de abril de 2013

23 de ABRIL: DÍA DO LIBRO

"Este día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a ela. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo". (Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO co gallo da celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, o 23 de abril de 2013).
 Para celebrar o Día do Libro no noso centro realizamos distintas actividades entre elas o III Trocolibro e o Apadriñamento Lector. 
Na Hora de Ler os nenos e nenas de Educación Infantil recibiron a visita no patio dos seus padriños e madriñas lectores, os alumnos e alumnas de 5º de Primaria; estes constituíronse en padriños e madriñas lectores e foron os encargados de lerlles contos de forma elaborada aos máis pequenos. Con esta actividade ademais de traballar actividades relacionadas coa lectura tamén se  crearon lazos afectivos entre nenos e nenas de diferentes idades.