miércoles, 23 de diciembre de 2020

O APALPADOR VISITA O VIRXE DO MAR

 No Virxe do Mar gústanos recuperar tradicións antigas da nosa terra e facer partícipes aos nosos pequenos e pequenas desas tradicións. O Apalpador é unha desas figuras que queremos recuperar e por iso traballámola nas aulas. Este traballo ten como colofón a visita do Apalpador en persoa, cargadiño de agasallos feitos de madeira para os nosos pequenos e pequenas de infantil , primeiro e segundo.



sábado, 19 de diciembre de 2020

NADAL NO VIRXE DO MAR

 Este mes de Nadal tivemos un montón de actividades tanto na biblioteca como no resto do centro. Como todos os anos tivemos o tradicional concurso de postais. Neste Genially podedes acceder aos gañadores e aun pequeno video ao final coas cousiñas que estivemos facendo cos nenos e nenas ao longo deste mes.

 NADAL NO VIRXE DO MAR

jueves, 17 de diciembre de 2020

CONCERTO DE A GRAMOLA GOMINOLA

 Hoxe a nosa rapazada puido disfrutar do concerto de A Gramola Gominola. Como gozaron!! Que gusto daba velos saltar , corear e brincar. Que falta facían estes momentos. Grazas a Paco, Paula, Anxelo e Rodrigo polo fantástico espectáculo. Pero o que máis disfrutou de todos foi o noso Lectorio. Aquí o tedes, en primeira plana



 E agora a disfrutar con eles no seguinte video


De novo grazas o ANPA GALATEA facer posible esta actuación


miércoles, 16 de diciembre de 2020

O MELLOR AGASALLO : UN LIBRO

 Achégase o Nadal e dende a biblioteca de Lectorio animámosvos a que nas vosas cartas incluades algún libro. Aquí tedes a selección de Lectorio para este Nadal 2020.

CONCERTOS DE NADAL

 Ola familias!!!

Xa está por rematar este trimestre tan extraño e que penso que superamos con nota grazas aos pequenos e pequenas e as súas familias.

Este ano non podemos facer grandes festas colectivas pero non podíamos deixar de despedir o trimestre con algo especial. 

Tras falar coa nosa ANPA decidimos que os nosos nenos e nenas merecían un gran concerto de despedida de trimestre, así que con parte da aportación económica deles e outra parte que puxo o cole imos poder disfrutar dos concertos de ........


A GRAMOLA GOMINOLA : actuará mañá, 17 de decembro para o alumnado de 3º,4º,5º e 6º.


MIGALLAS, actuará o día 21 de decembro para o alumnado de Infantil, 1º e 2º 




GRAZAS ANPA GALATEA!!!!


sábado, 5 de diciembre de 2020

BAILE DE CORES NA BIBLIOTECA DE LECTORIO

 As nenas e os nenos da clase de 3 anos tamén quixeron unirse ás actividades do mes da ciencia e fixeron un divertido experimento. Tomando como motivación o conto Pequeno Azul , pequeno amarelo foron descubrindo que pasa se poñemos en contacto leite, colorante e xabrón. O resultado foi moi vistoso. Aqui tedes unha pequena mostra.



LECTORIO E MÁIS CIENCIA

 Non vos perdades este video co experimento que fixeron os nenos e as nenas de 2º de Primaria. Chegaron a unhas conclusións certamente interesantes. Son uns auténticos científicos e científicas. Atentos e atentas aos seus consellos.



domingo, 29 de noviembre de 2020

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 E queremos mostrarvos aquí , unha actividade que nos propuxo o equipo de Seguridade Vial do Concello de Narón e quixemos participar nela con moito gusto. Todos os anos, os alumnado de sexto participaba na carreira ciclista contra a violencia de xénero. Este ano non puido ser , polas circunstancias que estamos vivindo pero non por iso queríamos deixar de participar e o fixemos de xeito virtual. Todos e todas as nenas e nenos de sexto de primaria pedalearon contra a violencia de xénero. Montados nunha bici estática e pedaleando por turnos foron chegando (de xeito virtual) a distintos puntos do concello. Mentres uns pedaleaban, outros ían respostando ás preguntas da Ginkana para poder seguir avanzando.














25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Seguimos mostrando algunhas das cousiñas que fixemos ao longo desta semana . O alumnado de Infantil , 1º e 2º de Primaria visionaron o conto Artur e Clementina


https://youtu.be/a0Gu2gQO5G8

Tras o visionado do conto, fixemos un pequeno debate sobre a situación que estaba a vivir Clementina. Os nenos e  nenas decidiron e pensaron palabras bonitas que todo o mundo debería escoitar e aquelas palabras feas que non queremos oír.
As nenas e os nenos da clase de 4 anos pensarone estas palabras
 Estas palabras , tanto as bonitas como as que non o son tanto, as estamos a poñer nun mural na biblioteca que vai tomando forma




martes, 24 de noviembre de 2020

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Aquí seguimos mostrando outra das actividades que realizamos estes días: concurso de logos . Todo o alumnado participou e fixeron un montón de diseños super chulos. Tiñamos que escoller 3, un por cada categoría e nolo puxeron realmente complicado. Cos diseños gañadores fixemos as chapas que todos os nenos e nenas levarán o día 25 de novembro. E estes son os logos gañadores :

Categoría 1: Infantil

Gañador: Mateo Naveiras Rico  ( 5º de Educación Infantil)


Categoría 2 : 1º, 2º e 3º de Primaria

Gañadora: Sara Mauriz Barro


Categoría 3: 4º,5º e 6º de Primaria

Gañadora: Noa González Méndez



25 NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Mañá celebraremos no cole o día internacional contra a violencia de xénero . Xa levamos uns días traballando sobre isto nas aulas e queremos ensinarvos algúnhas das cousiñas que fixemos. 

Selección de frases feitas polo alumnado de primaria

lunes, 16 de noviembre de 2020

LECTORIO E A CIENCIA

 Durante este mes de Novembro estamos a celebrar o mes da ciencia. Todos os cursos están a traballar sobre esta temática e culminarán coa realización dun experimento do que daremos boa conta. Lectorio preparounos unha selección de libros informativos nos que adentrarnos neste fantástico mundo. 

Os primeiros en querer demostrarnos as súas dotes científicas son os nenos e nenas da clase de 4 anos. Aproveitando que estiveron cun proxecto de Dinosaurios quixeron culminar coa explosión dun volcán. Non vos perdades o resultado. Gustoulles tanto que decidiron investigar sobre os volcáns. Lectorio xa está preparando a súa cesta con material desta temática






Tamén quixeron facer o experimento do  volcán as nenas e nenos da clase de 5 anos






sábado, 31 de octubre de 2020

SAMAÍN 2020 EDUCACIÓN INFANTIL

 Non vos podedes perder este video coas fantásticas cabazas dos máis pequeno e pequenas do cole. Pasaron un día de medo, onde puideron ver os contos de medo que prepararon os seus compis de sexto,  facer manualidades de Samaín e pasalo ben bailando cos seus disfraces terroríficos



viernes, 30 de octubre de 2020

SAMAÍN 2020


Ola familias!!

Esta semana foi unha semana especial: celebramos o SAMAÍN. Non puidemos estar todos e todas xuntos pasando un bo rato pero si que puidemos desfrutar nas aulas. Ademáis da exposición de cabazas tivemos a oportunidade de escoitar uns contos arrepiantes narrados polos nenos e as nenas de 6º de Primaria. Son contos da nosa biblioteca. Non podedes deixar de velos. 

O ABRIGO MISTERIOSO


CADARVECIÑA VERMELLA


A MIN NON ME COMAS

lunes, 12 de octubre de 2020

Ola familias!!!
Despois de moitos meses sen publicar regresamos este curso 2020-2021 tan atípico para tod@s. Lectorio tiña moitas ganas de ver as cariñas dos nosos pequenos e pequenas e quería inaugurar a súa biblioteca por todo o alto. Para iso quixo convidar aos seus amigos do Teatro dos Ghazafhelos e poñer así en valor as persoas que se adican ao mundo do espectáculo e da cultura e que non o están a pasar moi ben nestes tempos de pandemia. 
As nenas e nenos de Infantil , 1º e 2º de Primaria puideron disfrutar dun espectáculo fantástico, O País dos Mandóns. Pasárono moi ben !!! Damos por inaugurada a Bilioteca de Lectorio. Non vos perdades as novas que iremos publicando no Blogue.




 

jueves, 23 de abril de 2020

Día do libro

Feliz día do libro nenos e nenas, como xa sabedes o día 23 de Abril temos a conmemoración do día do libro.
Dende o cole propuxemos facernos fotos cos libros para facer un vídeo con todas elas!! E xa temos o resultado, ahí vai!!

Ceip Plurilingüe Virxe do Mar. Día do libro 2020.

 Grazas a todos e todas polas vosas  fotos, encántanos ver como desfrutades da lectura, sobre todo nestes momento... xa que nos permite facer unha pequena parada, un pequeno viaxe, e incluso pensar noutras cousas!







viernes, 17 de abril de 2020

Bicoss

Como o pasado lúns foi o día do bico, mostramos os bicos que enviáchedes a Lectorio e
 ademáis....
"Aqueles bicos que non puidemos dar...os gardaremos para pronto podelos entregar"
"Moitas grazas polos vosos bicos"



 os profes do Virxe do Mar uns bicos vos querían mandar e moito ánimo para continuar!!!


martes, 14 de abril de 2020

Proposta para o día do libro

Para celebrar o día do libro, Lectorio decidíu facervos unha proposta!!!


Podedes enviarnos unha foto lendo ( coa familia, sós, con bonecos, coa mascotas...) xunto cun pequeno comentario en galego.

Algo moi sinxelo e que demostre a gran importancia que ten a lectura no noso día a día.

Animadevos e enviade a foto antes do lúns 20 de Abril !!! Moitas Grazas!!!! :)

bibliovirxedomar@gmail.com

lunes, 13 de abril de 2020

Día internacional do bico

Hoxe, día 13 de Abril vos propoñemos unha divertida actividade para celebralo. 
E tranquilos que pronto volveremos a bicarnos e abrazarnos!

Idea proposta pola biblioteca Anisia Miranda. Grazas :)

domingo, 29 de marzo de 2020

Recomendacións

Boas !! Lectorio quere participar na difusión de multitude de materiais gratuitos que se están a mostrar polas redes, hoxe Amazon cancelou as suscripcións de libros e historias de audio para as nenas e nenos de todalas idades, asi que podedes entrar neste enlace e disfrutar dos libros en audio!!

https://stories.audible.com/start-listen 

Por outro lado tamén temos os libros de Olga De Dios  de Leotolda dispoñibles para descargar.

https://olgadedios.es/obra/leotolda/


Outras editoriais prestan os enlaces a obras que se poden leer gratuitamente os deixo por aqui:
BRUÑO

La A aventurera

Mis primeros cuentos cortos

Caperucita de colores

Cuentos cortos de animales en peligro  

Lola Pimienta y el secuestrador de perros

ANAYA INFANTIL Y JUVENIL

BRUIXOLA

Els Primers Contes Curts

Txell Espiell, 1. Txell Espiell i el segrestador de gossos  

Com ensenyar a rentar-se les dents al teu cocodril

BARCANOVA INFANTIL Y JUVENIL

EN PATUFET

EL FOLLET ORIOL

EL CLUB DELS CANÍBALS ES CRUSPEIX DRÀCULA

T?AGRADA BALLAR?

LA BALADA DELS UNICORNS

XERAIS


Feliz feroz El Hematocrítico (2016), a partir de 6 años.
https://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia/docs/feliz_feroz_o_lobo_riquinho_ok
Fred Quincalla, o nómade do mar, Teresa González Costa (2017), a partir de 8 años
https://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia/docs/fred_quincalla_o_nomade_do_mar
Vaia tropa, Antón Cortizas (2011), a partir de 9 años
https://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia/docs/vaia_tropa_anton_cortizas
Dragal. A estirpe do dragón, Elena Gallego (2015), juvenil
https://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia/docs/dragal_iv_a_estirpe_do_dragon






Temos que agradecer todo este tipo de iniciativas xa que fomentan a lectura e posibilitan que os que temos acceso a internet e dispoñemos de medios como é un ordenador ou tableta poidan usar este tipo de materiais.
Todo é benvido!!
Disfrutade da lectura!

Quédate na casa

Pasaron máis de quince días dende que a biblioteca de Lectorio pechou, o noso centro pechou as suas portas e as nosas vidas  pararonse...
Lectorio non entendía nada, preguntabase o por qué de este confinamento, se aquel xoves no que todo comezou estabamos escoitando uns traballos dos nenos e nenas de sexto curso que falaban sobre mulleres científicas importantes nas nosas vidas....( non quería deixar de subir as fotos xa que foi un traballo moi ben realizado polos nosos alumnos/as e que merece ser recoñecido)





Todo parecía normal...pero non era así fora da nosa zona de confort algo non ía ben, o máis importante nas nosas vidas corría perigo, a nosa saúde por iso todo cambiou, o mundo parou e atopámonos nesta situación tan excepcional onde o importante agora é ficar na casa... A Lectorio  gustarialle saber que estades todos ben e que seguro que aproveitades moito deste tempo na lectura, que sen dúbida é moi boa opción.


Seguirei esperando a que a nosa biblioteca se volva a encher de nenas e nenos disfrutando de cada recanto.



martes, 10 de marzo de 2020

Andrea Maceiras. Conta nove estrelas.

Este lúns tivemos a sorte de contar con Andrea Maceiras, premio lazarillo, e a autora de " Conta nove estrelas" os nenos e nenas de cuarto de primaria están a disfrutar da lectura do seu libro e os teñe enamorados.
 Na visita que nos fixo nos falou sobre o libro e os nenos/as   fixeronlle unha pequena entrevista para coñecer mais sobre ela e sobre o seu libro.
Nas fotos veredes un precioso debuxo na pizarra que fixeron unhas nenas de cuarto para deixar reflexada a portada do libro. Unhas artistas!!




jueves, 5 de marzo de 2020

Taller das emocións

Esta semana a asociación española contra o cancro veu a nosa biblioteca a facernos un pequeno taller ou introdución no mundo das emocións.  Creemos que é de gran importancia traballalas emocións e non solamente dende a aula senon tamén dende outros espazos do noso cole. O taller foi impartido para os mais pequeños do centro ( todo infantil ) e segundo curso de primaria.
Durante a actividade faláronnos dos diversos sentimentos e de como podíamos identificalos.
Moitas grazas, os nosos nenos/as aprenderon moito!

viernes, 21 de febrero de 2020

Rosalía de Castro

O 24 de Febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro, por iso Lectorio encomendou  varias tarefas para os nosos nenos e nenas. Por un lado facendo unha exposición na biblioteca tanto coa sua biografía cómo con algúns dos seus libros e poemas. 
Despois mandou unha carta as aulas para que o alumnado investigara sobre a sua vida. E enchemos o cole cos seus traballos!




E ademais tivemos voluntarios que recitaron poemas e incluso cancións de Rosalía durante o tempo de lecer!