viernes, 20 de diciembre de 2019
RECOMENDACIÓNS DE LECTORIO PARA AGASALLAR LIBROS NO NADAL
sábado, 30 de noviembre de 2019
Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller
A pasada semana celebrouse en todo o mundo o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e a escola puxo en marcha diferentes proxectos para concienciar e educar ao alumnado na importancia que ten o respeto e a comprensión cara as mulleres, así como, o rexeitamento de calquer tipo de violencia que, aínda hoxe, están a padecer moitas mulleres na nosa sociedade. Dende o equipo da biblioteca impulsouse unha serie de lecturas para o alumnado de Educación Infantil (contos de Rosa Caramelo) e "A historia dos Bonobos con lentes" ademáis de promover a lectura de varias obras que tiñan coma temática principal a loita e visibilización da violencia de Xénero.
O mesmo día 25, celebrouse no patio da escola un acto coa cantiga "La puerta violeta" de Rozalén da que todo o alumnado e profesorado participou mostrando unha vez máis a súa repulsa cara esta lacra social.

Aprendendo educación vial.
Benvida a todas e todos de novo. Dende o equipo da biblioteca do CEIP Virxe do Mar, ensinámosbos as actividades que fixemos a semana pasada para aprender educación vial cos máis cativos e cativas do cole. Foi unha actividade de carácter lúdico na que os nenos e nenas aprenderon cousas tan importantes coma mirar ben o semáforo, respectar os sinais do tráfico e non ter presa á hora de cruzar a rúa!!

miércoles, 13 de noviembre de 2019
As fotos do Samaín
Para o vindeiro 25 de Novembro faremos unha serie de actividades na biblioteca co motivo do día Internacional para a Eliminación da violencia contra a Muller. Estade atentos!!!
Benvida a todas e todos
Moi boas a todas e todos desde o equipo de biblioteca do CEIP Virxe do Mar. Como xa sabedes a biblioteca estivo pechada por reformas pero agardamos estar ao servizo da comunidade educativa en moi pouco tempo. Para facer a vosa espera máis agradable imos comunicar a través deste blog as actividades que se van a facer de aquí en adiante. E para mostra un botón: deixamosvos unha serie de fotografías que foron tomadas o pasado Samaín, onde os nenos e nenas de 5º leron contos de medo aos máis pequenos da nosa escola. Pasaron un rato moiiiiiiiiiiiiiiii malo (huhuhuhuhu).
viernes, 21 de junio de 2019
RADIO NA BIBLIO
Unha das cousas das que tiñamos mais gañas era a de lanzarnos a facer un programa de radio. É algo que sen dúbida debe formar parte da nosa futura Biblioteca de Lectorio. De xeito experimental, e como parte das celebracións do Día do Mundial do Medio Ambiente, o pasado 5 de xuño, o alumnado de 5º de E.P. coa súa titora Míriam, elaboraron un completo programa de radio con entrevistas, debates, dramatizacións e música. Ao ser a nosa primeira experiencia aínda estamos en proceso de edición do grabado. Deixámosvos de momento unhas fotos da entrevista a Miguel Paz, biólogo, co que charlamos dun tema moi de actualidade, os eucaliptos, a súa masiva presenza nos nosos bosques e a súa influencia nas especies autóctonas...
En breves colgaremos o audio da entrevista |
III CONTACONTOS NA BIBLIO
Rematamos este curso co derradeiro CONTACONTOS NA BIBLIO. Desta vez foron Sami e Sandra, alumnas de 5º de E.P. as encargadas de contarlle ao alumnado de E.I., 1º e 2º de E.P. o conto "A vaca que puxo un ovo". Como non podía ser doutra forma, tampouco defradudaron. O nivel e o entusiasmo dos contacontos vai subindo dun xeito palpable.
Agardamos que este entusiasmo se manteña o vindeiro curso e a nova Biblio de Lectorio continúe a ser testemuña desta actividade tan exitosa este ano.
Agardamos que este entusiasmo se manteña o vindeiro curso e a nova Biblio de Lectorio continúe a ser testemuña desta actividade tan exitosa este ano.
Sami e Sandra e "A vaca que puxo un ovo" |
martes, 18 de junio de 2019
CHARLA SURF
O fomento da actividade física como hábito saudable
e a reciclaxe foron eixe fundamental de moitas actividades ao longo do curso.
Neste mes tivemos a visita do director da escola de surf Friends & Family, Chus
que deu a coñecer este deporte e concienciou a todo o alumnado de 5º e 6º sobre
a importancia da ecoloxía. Todos estes nenos e nenas coincidiron en que a charla resultou superinteresante, tanto pola cantidade de cousas que desta modalidade deportiva aprenderon, como pola importancia de preservar o noso medio ambiente con moitas accións ecolóxicas que podemos desenvolver de xeito moi sinxelo.
Unha instantanea da actividade foi esta:
Unha instantanea da actividade foi esta:
LETRAS GALEGAS 2019
Antón Fraguas foi o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019. Na biblio de Lectorio actualizamos a nosa colección mercando libros do autor homenaxeado. Ademais os voluntarios e voluntarias fixeron unha pequena exposición destes exemplares mais os de outros autores anteriormente homenaxeados/as.
Xunto ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxemos para
traballar cada aula a biografía e obra
deste autor a través das actividades elaboradas e suxeridas polo Seminario Galán.
Muiñeira Letras Galegas: O baile tradicional forma parte da nosa cultura, a cal está vinculada á biblioteca lóxicamente. Dende aquí apoiamos o a
nosa participación con 60 nenas e nenos do noso colexio no Muinheirazo Letras Galegas 2019
que organizou o CFR e un grupo de mestras
e mestres en Navantia decidimos trasladar ese baile tradicional, parte
fundamental da nosa cultura, ao noso centro e bailalo como parte das nosas
celebracións do Día das Letras Galegas
2019.
https://www.youtube.com/watch?v=-kW_DJz_8cI&list=PLr9I-dTK1hZuleWcXXsj7Sal914q9g_xO&index=3&t=143s
https://www.youtube.com/watch?v=-kW_DJz_8cI&list=PLr9I-dTK1hZuleWcXXsj7Sal914q9g_xO&index=3&t=143s
Ademais, na seguinte ligazón están as diferentes actividades do centro para
celebrar este día: https://www.youtube.com/watch?v=3ofzhigPKfE&list=PLr9I-dTK1hZuleWcXXsj7Sal914q9g_xO&index=1
viernes, 7 de junio de 2019
CELEBRACIÓNS DÍA DO LIBRO
Un curso mais, a biblioteca foi testemuña do noso IX Trocolibro. Por quendas tódolos cursos foron baixando á biblio de Lectorio para trocar os seus vales polo libro que mais lles gustase. A "recadación" dos libros fíxose de rogar este ano pero ao final se xuntaron unha gran cantidade deles. Deixámosvos imaxes dalgúns momentos do noso IX Trocolibro.
Outra das actividades que organizou Lectorio foi os apadriñamentos lectores que son todo un exitazo entre o noso alumnado xa que ás e aos mais peques encántalles que lle lean contos, e ás e aos maiores encántalles ler contos ás/aos mais peques. Botádelle unha ollada ás fotos...

Suscribirse a:
Entradas (Atom)